A Represión na provincia de Ourense

Metodoloxía e Fontes

As fontes empregadas para a elaboración das listaxes que conforman as diferentes bases de datos son cinco: os procesos incoados pola xurisdición de guerra, os libros-rexistro de reclusos da prisión ourensá, os libros do cemiterio municipal de Ourense, os Rexistros Civís dos diferentes xulgados municipais de Ourense e os expedientes de responsabilidades civís e políticas conservados en diferentes arquivos de dentro e de fora da nosa provincia.